miércoles, 20 de junio de 2007

NACE A NOVA PEÑA CELTISTA "FLOG-LIADA CELESTE"

A raíz do éxito obtido pola peña virtual "orgullo celtista" nace esta nova peña que quere converte-lo virtual en real para apoiar ó equipo nestes complexos momentos. Tódolos directivos da peña coñecemos a través do flog do Celta e decidimos unirnos para apoiar ó equipo tanto en Balaídos coma en algún desplazamento. O alento da xente fará que o Celta non camiñe só nesta dura travesía pola Segunda División.

Se estás interesado en unirte á peña e recibir información, só tes que enviar un correo a orgulloceltista@mixmail.com e contestaremosche á maior brevedade posible. O custo do abono á peña e de 30€, e isto inclúe a inauguración da peña, algún regalo, descontos no abono do Celta de Vigo e ventaxas económicas nos desprazamentos. Agardámoste. Únete a nós.

DISEÑA O LOGO DA NOVA PEÑA

Flog-liada celeste necesita un logo e para iso precisamos da tua axuda. Os deseños deben conter obrigatoriamente algunha referencia ó escudo do Celta, á bandera de Galiza e o cadadriño que é o logo de fotolog.
Podedes envia-los vosos traballos a orgulloceltista@mixmail.com
O gañador do concurso recibirá como premio unha suscripción gratuita á peña durante un ano. Moitas gracias de antemán por participar.





Calquer outra dubida que tuvesedes podedes consultarmo persoalmente no flog do celta.