lunes, 30 de julio de 2007

IRINEY ASEGURA NON PERTENCER AO CELTA


Mentres o Celta segue dando por feito que Iriney é futbolista do seu persoal de pleno dereito, o futbolista brasileiro aseguraba onte a La Voz desde o seu país que el non sabe nada do seu contrato e que non ten constancia de que vaia seguir no equipo vigués a pesar de que ese é o seu desexo.

O centrocampista emprende hoxe viaxe cara a España, pero non para vir a Vigo senón para seguir co seu proceso de rehabilitación da grave lesión que sufriu hai dous meses. Fora na partida fronte ao Levante, cando un mal movemento provocoulle unha rotura de menisco interior e de ligamento cruzado anterior.

Desde que o Celta exerceu a finais de xuño a ampliación do contrato do brasileiro de forma unilateral, Iriney gardara silencio. Foi o seu representante, Eduardo Ipiens, quen mostrara o seu enfado publicamente ao afirmar que o que fixera o Celta é ilegal segundo as leis deportivas.

«Hai semanas que non falo con ninguén do club e a verdade é que non se nada do meu contrato nin se xogarei no Celta a próxima tempada, iso lévao o meu representante», afirmou Iriney. Di que agora tampouco está preocupado por ese asunto e que o único que ten na cabeza é recuperarse canto antes: «Só penso na miña rehabilitación e en traballar duro porque ata dentro duns meses non poderei volver xogar e non quero ocupar a miña cabeza con outras cousas», declarou o xogador.

Desde o club insisten en que lle mellorarán o contrato e que a única razón pola que lle ampliaron o contrato de forma unilateral era porque se acababa o prazo e non podían esperar a chegar a un acordo con el para facelo. Iriney Santos non sabe o que ocorrerá, aínda que el quere manterse «optimista» sobre a posibilidade de seguir xogando no Celta. De todos os xeitos as súas palabras deixan ben claro que o brasileiro non ten a mente posta en club vigués: «Non me decatei de ningunha fichaxe nin recibín ningunha noticia sobre como vai a pretemporada do equipo», asegurou o futbolista, que tampouco puxo interese en preguntar por iso.

En canto á marcha da súa recuperación, o xogador cre que vai segundo o establecido: «De momento non se produciu ningunha complicación e o xeonllo nunca se infamó. Se que teño que esperar a decembro para poder volver xogar e confío en que non pase nada, porque neste tipo de lesións hai moita xente que ten que volver operarse se a cousa non marcha ben», manifestou.

Stoichkov era moi optimista a semana pasada ao dicir que esperaba que en outubro Iriney estivese xa traballando co resto do equipo. O futbolista está pendente tamén da súa nacionalización, que podería producirse en breve, e deixar así de ocupar praza de estranxeiro. (La Voz de Galicia)

A MLS TENTA A GUSTAVO


A Liga profesional de fútbol de Estados Unidos (MLS) está tentando que o "soccer" teña máis pulo no seu pais, e para iso parece que están tentando a vella fórmula de lendas ao borde do retiro para cimenta-lo seu futuro.

Primeiro foi coa chegada de David Beckham e a sua troupe, as tentativas de ver a Zidane en dita Liga e o interese por algún que outro xogador con certa idade. Semella que Gustavo López encaixa nese perfil xa que recibiu unha oferta de algún equipo, o nome non trascendeu, para inicia-la súa aventura americana.

Parece sen embargo, que o "cuervo" rexeitará esta oferta pois considera que debe seguir xogando en unha liga máis "competitiva"

O RANGERS INTERESASE POR PLACENTE


O Glasgow Rangers escocés está interesado no xogador celtista Diego Placente segundo indica a prensa inglesa no día de hoxe. O Celta terialle pedido ao clube das illas británicas unha cantidade aproximada de 1 millón de euros, mentres que no clube escocés pretenden que o xogador acade a carta de liberdade, o que lle suporía ao xogador arxentino uns ingresos anuais minimamente superiores ao millón de euros.

viernes, 20 de julio de 2007

MARTINO FICHA POLO EIBAR


Dani Martino xogador de 22 anos ata agora pertencente ó Celta "B" ven de firmar un contrato co Eibar, equipo que participará na Segunda División do fútbol español ao igual que o Celta.
O xogador que foi presentado este venres en Ipurúa xogou esta tempada 32 partidos nos que logrou marcar 3 goles.

Outra xoia da canteira viguesa que se ten que busca-la vida lonxe de Balaídos. Sorte Martino.

DANI ABALO E DAVID SARRÓ SUBEN Ó PRIMEIRO EQUIPO


Celta decidiu incorporar a dous novos canteiráns á pretemporada do primeiro equipo debido ao escaso número de futbolistas cos que están traballando Hristo Stoichkov e Antonio López.

O club chamou onte mesmo ao interior dereito Dani Abalo (foto) e ao defensa central David Sarró. O primeiro incorporouse no adestramento de onte pola tarde na Madroa e acudiu co resto do persoal para pasar a noite en Melgaço. En canto ao defensor espérase que estea hoxe na localidade portuguesa xa que ten que desprazarse desde a localidade estremeña de Navalmoral de la Mata, onde estaba pasando as vacacións coa súa familia. Substitúe temporalmente a Yago.

GUAYRE SIGUE LESIONADO


O canario Antonio Guayre non realizou onte o traballo con normalidade co resto dos seus compañeiros. O canario segue padecendo os problemas de nocello que arrastrou no final da tempada pasada.

Antes das sesións de adestramento de onte os xogadores realizaron as pertinentes probas médicas nas instalacións da Madroa para comprobar os niveis cos que cheguen a este inicio do traballo logo das vacacións. (La Voz de Galicia)

O CELTA ESTARÁ ATA O DIA 30 EN MELGAÇO


Celta está desde onte pola noite na concentración na localidade lusa de Melgaço. Desde hoxe ata o día 30 deste mes, o equipo vigués realizará aquí a súa preparación.

Esta mañá, a partir das oito (hora portuguesa) comezarán as sesións de adestramento. Está previsto que realicen tres diarias en moitas ocasións. Miguel Martínez, agora preparador físico do equipo, será o encargado de pór a punto aos xogadores.

Na foto a imaxe da Torre de Melgaço, un dos monumentos máis importantes da vila.

YAGO YAO: "O CLUBE NON DEMOSTROU O INTERESE QUE TIÑA POR MIN"


Yago Alonso pasou por Vigo para despedirse dos seus amigos e resolver cuestións persoais e profesionais antes de emprender unha nova traxectoria no seu novo equipo, aínda por decidir.

O asturiano asegura que se vai «con moita pena deixar o Celta logo de moitos anos. Eu e a miña familia estabamos moi contentos aquí. Pero non sempre se consegue o que un quere», manifestou en Radio Voz.

Explicou así a ruptura do acordo co Celta: «Non chegamos a un acordo na duración do contrato. Non me parece que fose inviable o acordo porque eu non quería que houbese unha opción e dábame igual que fosen dous anos ou tres».

Vaise cun sabor amargo polo comportamento final do club: «Non se se o Celta vai dar marcha atrás, pero as formas non foron as ideais. Imaxino que o club defenderá a súa política. Eu creo que o interese que emitira o club por min a través dos medios de comunicación non o demostrou nas negociacións», aseverou Yago.

Non quixo despedirse sen mostrar palabras de agradecemento á xente de Vigo: «Estou moi agradecido á afección porque sentín o seu apoio en momentos difíciles que foron moitos», indicou.

Vaise coa sensación de que nestes sete anos no club vigués non puido achegar todo o que lle gustou dentro do terreo de xogo: «Vin moi novo a Vigo, con vinte anos e tiña por diante xente experimentada como Djorovic e Cáceres e cando parecía que me podía afianzar veu a lesión». Estivera un ano enteiro sen xogar por culpa da lesión que sufriu en Valladolid e obrigoulle a pasar polo quirófano fai tres anos.

De todos os xeitos ten a conciencia tranquila: «Marcho coa tranquilidade de facer todo o posible para axudar ao club». Desde logo foi un exemplo como profesional e persoa. (La Voz de Galicia)

BAIANO DESESPERADO POR MARCHAR (II)


Fernando Baiano, dianteiro do Celta de Vigo, recoñeceu ter unha oferta do Levante para as próximas catro tempadas e pediu ao club vigués que escoite a oferta levantina porque o seu desexo é seguir xogando en Primeira División.

«O Levante está moi interesado en min, é un equipo de Primeira División e persoalmente gustaríame que o Celta polo menos escoite a oferta do Levante. Non se o que vai pasar, pero aquí prometéronme renovar o meu contrato e desde xaneiro non me dixeron nada, mentres que o Levante ofréceme catro de anos de contrato, por iso pido ao club que entenda a miña situación», sinalou Baiano.

Ademais, o atacante brasileiro, que a pasada tempada marcou quince goles coa camiseta celeste, tamén desvelou que existe «interese» doutros dous clubs máis pero, como explicou, de momento «non realizaron unha oferta en firme».

Así mesmo, o futbolista de Sao Paulo indicou que confía en que o descenso de categoría fai moi difícil a súa continuidade en Vigo, polo que espera que o Celta poida recibir ofertas e que a solución sexa a mellor posible para ambas as partes.

«De momento estou aquí. Eu respecto moito ao Celta e a esta camiseta que levei os dous últimos anos e espero que pase o que pase as cousas arránxense do mellor xeito posible. Non estou aquí para pelexar con ninguén, senón para facer o meu traballo. A miña idea é que cheguen ofertas que sexan boas para as dúas partes» agregou o futbolista.

Finalmente, Baiano quixo aclarar que o seu contrato coa entidade viguesa finaliza o próximo ano porque «se non é así eu asinei un contrato que descoñezo», desmentindo así ao director deportivo do Celta, Ramón Martínez, que esta semana dixo que o dianteiro brasileiro tiña dous anos máis de contrato. (Axencia EFE)

ÁNGEL: " A MIÑA IDEA É ESTAR NA EUROCOPA, E XOGANDO EN SEGUNDA.... "


O internacional Ángel López, futbolista do Celta non agachou a súa intranquilidade e incertidume sobor do seu futuro deportivo e recoñeceu estar vivindo unha situación "incómoda", xa que como explicou, a súa idea e continuar xogando en Primeira División para aspirar a xoga-la próxima Eurocopa que se desputará en Austria e Suiza o próximo ano.

"A miña situación é moi incómoda porque aínda que a miña familia e eu estamos moi a gusto aquí, a miña idea e poder estar na vindeira Eurocopa, e xogando en Segunda é imposible ser internacional" sinalou o canario. Nese sentido, Ángel entende que o clube vigués vele polos seus intereses e que non queira "malvender" ós seus futbolistas, como lembrou este mércores Hristo Stoichkov, aínda que tamén indicou que él debe ver polo seu futuro profesional. Non obstante, afirmou que "nunca" forzará a súa saída do Celta de Vigo.