martes, 17 de julio de 2007
A NOVA CAMISETA
Xa coñecemos a nova camiseta do Celta que empregará nas próximas dúas tempadas. "Faro de Vigo" presentanola hoxe. A camiseta supón unha pequena revolución en tanto en canto non sigue a liña de camisetas anteriores nas que sempre se seguía o deseño da camiseta principal da selección inglesa.
Neste caso presentea un deseño exclusivo con moito máis presencia da cor vermella, cunhas pinceladas debaixo da axila donde se debuxa o escudo do Celta. Xa se pode mercar nas tendas e será presentada mañá día 18 de xullo, así como a roupa de adestramento do clube.
Agardemos que sexa a camiseta do ascenso. ¿Gustavos?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
esa camiseta esta wapixima es la poia un saludo al ekipo
Publicar un comentario