Non sorprende a ninguén escoitar opinións sobre que o Celta é un dos favoritos ao ascenso en Segunda División. A traxectoria dos últimos anos do equipo vigués está aí e impón un respecto nos rivais. Onte foi o lateral dereito do Castelló Pedro Hernández un dos que opinou respecto diso: «O Celta e a Real Sociedade son claros aspirantes e tras eles hai un grupo de oito ou nove equipos que tamén partirán co obxectivo de seguir os seus pasos».
Todos coinciden en que esta tempada se elevou o nivel da categoría de prata, aínda que hai quen advirte que Celta e Real non o terán tan fácil: «Axustarse á nova categoría non é sinxelo e aos recentemente descendidos custaralles», advirte o dianteiro catalán Nakor. (Info: La Voz de Galicia)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario