miércoles, 11 de julio de 2007
GIOVANELLA, ENTRE O CORUXO OU A SEGUNDA
Everton Giovanella nunca deixou de adestrar nos dous anos que durou a súa sanción por dopaxe. Agora prepárase con máis intensidade que nunca porque no mes de outubro xa poderá volver xogar ao fútbol. Chegáronlle ofertas. O futbolista brasileiro esfolla a margarida entre xogar en Terceira, concretamente no Coruxo, ou facelo en Segunda División. A decisión depende en parte dunha cuestión familiar, porque ten a súa vida e a da súa familia montada en Vigo. Recoñece que un par de equipos de Segunda dirixíronse a el, entre eles o Salamanca, onde xa xogou antes de fichar polo Celta. A opción do Coruxo non lle desagrada porque ademais de quedar en casa, o equipo que vai adestrar Javier Matei está facendo un proxecto interesante para subir a Segunda B.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario