miércoles, 18 de julio de 2007
O CELTA TASA A NENÉ EN 5 MILLÓNS
O Celta xa lle puxo prezo a Nené: 5 millóns de euros será o que terá que investir aquel equipo que se faga cos servizos do xogador brasileiro.
Dende diferentes medios de comunicacións deuse a coñece-la nova do interese do Xetafe no xogador celtista, e incluso algúns falan de negociacións moi avanzadas. Sen embargo, o equipo do sul de Madrid non parece estar disposto a pagar tanto diñeiro e xa baralla a incorporación do xogador canteirán do Vilarreal, Marcos, por quén o Celta tamén parece estar interesado.
Coa taxación de Nené o Celta xa anunciou publicamente o prezo que quere obter por tres dos seus xogadores: Oubiña (10 millóns), Baiano (6 millóns) e Nené (5 millóns)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario