viernes, 13 de julio de 2007

BAIANO, DESESPERADO POR MARCHAR

Os representantes de Fernando Baiano, Eduardo Ipiens e Eduardo Uram, estiveron onte reunidos con Ramón Martínez na sede do Celta en Praza de España, para trasladar directamente as ofertas que teñen polo dianteiro brasileiro, ademais de perfilar as diferentes posturas na negociación. De momento nada se avanzou na cuestión. O Levante segue sendo o equipo máis interesado, pero non está disposto a subir a súa oferta de tres millóns de euros, segundo declarou onte o presidente, Pedro Villarroel, en Valencia. Iso si, contan co xogador e esperarán por el, se é preciso, ata o 31 de agosto. Polo si ou polo non, o Levante pechou onte a fichaxe do dianteiro xeorxiano Arveladze, procedente do AZ Alkmaar.

Ipiens, que tamén representa a Iriney, tratou tamén co Celta a cuestión da ampliación de contrato exercida unilateralmente polo Celta. O club segue convencido de que ten razón, aínda que ambas as partes están dispostas a negociar polo ben do xogador. (Info: La Voz de Galicia)

No hay comentarios: