miércoles, 11 de julio de 2007

O GUSTAVISMO CELEBRA A SÚA PRIMEIRA REUNIÓIN

O celtismo vive un dos seus momentos máis lamentables nos seus 84 anos de historia. O cisma e del tal calibre que chega a ser kafkiano. A peña Alvarito está a recrear unha nova crucifixión do seu Cristo particular. Hoxe o serán uns centos de afeccionados reunironse para darse a razón mutuamente no que consideran un trato inxusto co seu mesias.

A igrexa gustavista acaba de comezar este mismo serán a súa lamentable e patética andaina. Nos carteis, nos que se podía ver unha bandeira de Arxentina coa foto e rubrica de Gustavo, a súa sabana santa particular e un letreiro enorme que rezaba: "Gustavo somos todos". En un papeliño ben pequeno podiase ler "Non a os despidos inxustos" tan en pequeno que parece que ningún dos despedimentos efectuados polo clube tiveran a máis mínima importancia de non ser porque non se lle renovou a Gustavo.

Querido amigos da peña Alvarito e demáis "Gustavistas": A actuación do Consello de Administración do Real Clube Celta está a ser tan lamentable dende que se fixeron cargo do clube que protestar agora que non se lle renova a Gustavo e dunha frivolidade tan grade que asusta.

O paroxismo chegou cando no reportaxe da TVG (que o ve toda Galicia) se lle escoitou a unha rapariga (presuntamente) celtista dicir: "Si no se le renueva a Gustavo me hago mañana mismo del depor" Non sei a que agardas, Gustavo non quixo renovar polo Celta, así que...

Lamentable....

2 comentarios:

anouckinhascloset dijo...

Que tristeza, por outras cousas moito piores non nos manifestamos, pero sí por esto....

Non estou dacordo coa directiva,nin coa non renovación de Gustavo, pero manifestarse por esto é lamentable....

Anónimo dijo...

mas triste eres tu y nadie dice nada