jueves, 12 de julio de 2007

GUAYRE OFRECIDO AO LEVANTE


O dianteiro do Celta está no mercado. O futbolista canario foi ofrecido ao Levante que descartou a súa contratación. O Futbolista ten contrato en vigor co Celta ata o ano 2009, clube ao que chegou a pasada temporada libre. Non tivo moita sorte xa que as lesións mantiverono apartado durante moito tempo dos terreos de xogo.

O ofrecemento do xogador non chegou por parte da entidade viguesa, aínda que o Celta podería estar disposto a liberarse do grancanario. Eso sí, Ramón Martínez xa deixou claro que o Celta non vai regalar a ninguén polo que parece bastante dificil que o futbolista se poida ir gratis a pesar de que o Celta non pagou nada por él (Link: Diario As)

Parece que este e outro o que lle freamos a progresión. Vaia por deus...

No hay comentarios: