miércoles, 11 de julio de 2007

MISA E ASPAS, DÚAS XOIAS EN PERIGO

O Celta teme que dous dos seus mellores cadetes abandonen Vigo para a próxima tempada. O medio centro Gabi Misa, internacional sub-16, tiña unha oferta do Tottenham, mentres que Aitor Aspas, primo de Iago e de Jonathan, ten unha oferta do Valencia.

O director deportivo do club vigués, Ramón Martínez, mantivo unha reunión cos pais de ambos para que queden no Celta. «Nestas idades,se convencen aos pais, pódenllos levar. Entendo que levar a un neno pola porta de atrás é un roubo. Entendo que non é correcto que un gran club vinga a levar a un cadete sen falar primeiro co seu club», dixo onte o novo coordinador da canteira José Luis Molina. Tamén neste sentido Ramón Martínez dixo que «intentamos convencerlles cando tiñan as conversacións con outro club avanzadas. Descoñezo se o logramos ou non». Parece que no caso de Misa poderíase quedar en Vigo, ou polo menos en España pero o de Aspas está máis complicado.

No hay comentarios: