lunes, 9 de julio de 2007

MOURIÑO: "COMO MOITO, VENDEREMOS TRES OU CATRO XOGADORES"


Carlos Mouriño Atanes (Vigo, 1943) é o ideólogo da revolución celeste. O presidente do Real Club Celta ten claro cal é o camiño que debe seguir o club e non lle tremeu a man á hora de tomar medidas impopulares co fin de desenvolver o seu proxecto. é consciente de que asume unha gran responsabilidade e de que o celtismo lle pedirá contas se as cousas saen mal.

-¿Que se lle pode dicir á xente para que crea neste Celta despois do descenso?

-é un novo proxecto co que estamos moi ilusionados. Cremos que as cousas se están facendo ben e só nos cabe esperar que o éxito nos acompañe. O descenso foi unha desgraza para o Celta e para Vigo. Oxalá non teñamos que lamentar que sexa un período prolongado porque sería penoso tamén para a cidade.

-¿Xa avaliaron o que significa o descenso?

-é un pau moi duro non estar entre os mellores. No proxecto deportivo é tremendo e no económico estamos facendo moitos esforzos por darlle estabilidade ao club. Se tardamos máis dun ano en subir, sería moi difícil afrontalo.

-Moitas caras novas na estrutura do club pero, ¿e as fichaxes?

-O mercado está paradísimo. Moitos equipos sufriron problemas económicos por comprar a un prezo xogadores que despois non o valen. Isto é un pouco como a Bolsa. A boa noticia é que empezan a verse movementos de xogadores de equipos españois e iso dános posibilidades.

-¿Produciranse primeiro as baixas?

-Ata agora só recibimos por escrito as ofertas do Mallorca e o Levante por Baiano que foron rexeitadas ao instante. Non temos unha necesidade #imperioso\\\ de vender pero sabemos que o mercado se pode mover.

-¿Haberá unha gran estampida, como fai tres anos?

-Todos teñen a posibilidade de seguir. Serán moi poucos os que se vaian con contrato en vigor. Creo que como moito imos vender a tres ou catro futbolistas. Isto unido aos que xa se foron significa que hai que traer oito ou nove xogadores.

-¿E cales son as prioridades á hora de reforzar o persoal?

-Necesitamos un central, un medio e un dianteiro. Tamas non está, Pablo García tampouco e arriba pode darse algunha baixa. Temos que traer un dianteiro centro bo e en condicións.

-A primeira fichaxe foi un búlgaro de 21 anos, ¿non é unha forma de pecharlle a porta á canteira?

-Moitos pensarán que non apostamos pola canteira fichando a un búlgaro de 21 anos. Nós pensamos que temos a Placente para o lateral esquerdo ao que lle queda un ano. Non podemos confiarlle a un rapaz da canteira a pelexa por ese posto e si a un internacional búlgaro que xa ten unha experiencia para competir. Se subimos a Roberto Lago ao primeiro equipo dámoslle a marxe de confianza pensando en que o seguinte ano xa estea preparado para o salto. A canteira vai ter un papel relevante. Van estar moitos mozos da canteira.

-Volven tres cedidos, ¿hai sitio para todos?

-Roberto Souza é posible que teñamos que cedelo porque aínda que temos negociacións moi avanzadas para a nacionalización de dous extracomunitarios pero nos sobraría un.

-Iso quere dicir que contan con Vela...

-Co Arsenal asinamos un contrato de tres anos. Quixo volver ter a ficha no seu poder pero nos asinou un poder para quedarnos co futbolista se xogaba en España. Para nós está todo en regra. Haberá que convencer ao rapaz de que xogar no Celta será bo porque é un xogador que cremos que nos pode axudar moitísimo.

-E finalmente está Javi Guerrero , un xogador que se foi por conflitivo.

-Ramón Martínez e Stoichkov contan con el. Creo que terán que puír algunhas cosillas pero iso será en charlas previas que teñan entre eles. Os dous están convencidos de que é un xogador que nos pode axudar moito.

-¿O problema que tivo con Fernando Vázquez está esquecido?

-Hai que ter un principio de disciplina nos equipos que debe ser contundente. O que Vázquez fixo no seu momento estivo ben feito e agora o tratar de recuperalo tamén.

P.D: A entrevista continúa no diario "La Voz de Galicia" onde fala da vindeira tempada e dos despedimentos feitos ao final da tempada pasada.

No hay comentarios: