jueves, 12 de julio de 2007

O CORUXO SOÑA CON KARPIN E GIOVANELLA


Dous ex-célticos de excepción poderían militar no Coruxo a vindeira temporada. As xestións deprtivos do conxunto vigués parecen encamiñadas en facer un equipo competitivo para acada-lo ansiado ascenso que se lle resistiu nos últimos anos a máns de Real Oviedo e Toledo. O proxecto será dirixindo dende o banco por outro ilustre ex-céltico, Javier Maté que quere no seu proxecto a Giovanella, que se debate entre a oferta viguesa e algunha de Segunda División, e co xogador ruso Valery Karpin, que se está pensando seriamente a posibilidade de volver a vestir unha camisola de fútbol co aliciente de ser un equipo da cidade onde vive.
Se se confirma, todos teremos un motivo para ir a ver ó Coruxo a vindeira campaña.

No hay comentarios: