martes, 17 de julio de 2007

BAIANO: "NON CREO QUE O CELTA ATOPE UN CLUBE QUE PAGUE O QUE PIDEN POR MÍN"


"Faro de Vigo" publica unha entrevista realizada por Juan Carlos Álvarez ó dianteiro celtista Fernando Baiano. O brasileiro é o único xogador polo que o clube vigués recibiu algunha oferta oficial, ainda que moi lonxe do pretendido polo conxunto vigués. O futbolista disfruta dos seus últimos dias de vacacións en Brasil antes de incorporarse ós adestramentos co resto dos seus compañeiros. Asegura que non dará problemas pero pide comprensión ao clube. Destacamos algunha das frases máis importantes que nos deixa a entrevista:

* O descenso foi moi dificil de asumir. Eu vivín un ano moi bo con Celta e entristeceme moito o que sucedeu a pasada tempada. Hai que tratar de ascender o máis rapido posible porque o Celta non se merece estar en Segunda División.

* A mín encantame a cidade, o clube. Adapteime moi ben con todo o mundo, pero agardo que o Celta vexa o mellor para mín. Non me gusta xogar en Segunda División e confío en que o Celta faga o mellor para mín porque teño varias posibilidades de xogar en Primeira.

* Non creo que sexa un problema de que os xogadores non queiran estar no Celta. Hai futbolistas que incluso son internacionais e que teñen posibilidades de saír e creo que o clube ten que deixar a cada xogador que siga a súa vida.

* Confío en que poida face-lo mellor para nós e incluso sería unha boa forma de deixa-las portas abertas para o futuro.
* Imaxino que será complicado que un clube pague o que pide o Celta. Cando se baixa a Segunda o valor dos futbolistas baixa bastante. Se estiveramos en Primeira é posible que se achegaran a esas cantidades, pero tamén lembro que o Celta pagou pouco por mín no seu momento.

* Eu non quero problemas co Celta. Eu quero xogar en Primeira, non é unha cuestión de non querer seguir no Celta. O que pasa e que o Presidente e quén manda e son me quere vender non sairei e non haberá problemas de ningunha clase.

* Se o Celta quere quedarse conmigo debería renovarme. Esta situación non é boa porque dentro dun ano marcho libre e o Celta non cobraría nada. Seguro que se me fan unha oferta chegamos a un acordo, pero temome que non van querer. Sobre este asunto de momento non me dixeron nada. Agora voarei hacia Vigo e espero falar con eles para ter a situación clara.

* Eu non serei un xogador problemático. Nunca o fun e non vou cambiar agora. Cando o Celta me fichou tiña varias opcións para xogar e elexín vir a Vigo. Agradezo todo o que me pasou nestes dous anos e o agarimo que sentín no Celta. Medrei como profesional, son coñecido en Europa gracias ó feito de ter vestido esta camiseta... nunca lle darei problemas ó Celta.

No hay comentarios: