miércoles, 11 de julio de 2007

YAGO CONTESTA HOXE SOBRE A SÚA RENOVACIÓN


O central Yago Alonso dará hoxe unha contestación definitiva sobre a súa continuidade no Celta. O club vigués deulle un prazo que expira hoxe para que determine se segue en Vigo ou non cunha oferta para as dúas próximas tempadas.

Ramón Martínez, director do club, deixou clara onte a postura do equipo vigués. «Estamos esperando unha resposta. Démoslle 24 horas para que nos responda. A oferta do Celta é xenerosa pero son dous partes e el é o que ten que decidir».

Eugenio Botas, axente do xogador, admitiu que a decisión do defensa non se demorará máis e que hoxe contestarán ao club vigués sobre a súa continuidade. Yago recibira nos últimos días varias ofertas de equipos de Segunda e algunha de Primeira División pero o Celta ofreceulle un contrato por un par de anos. O xogador pretendía un contrato máis longo e aí estivo a principal diferenza a salvar.

No hay comentarios: