domingo, 15 de julio de 2007

A INDISCIPLINA DE CONTRERAS FARÁ QUE SE CAMBIE O CÓDIGO DE CONDUCTA INTERNA NO CELTA


Vergoña e malestar. No Celta caeu como unha auténtica bomba a noticia de que Pablo Contreras fora un dos seis xogadores da selección chilena implicados na esmorga de celebración do pase a cuartos na Copa América. O clube galego está moi molesto porque o defensa participou nos destrozos e insultos que se viviron no hotel onde estaban concentrados.

O peor e que no Celta xa saben que non poden facer nada ante este tipo de feitos tan lamentables, ya que están baixo a responsabilidad das federacións dos seus países. Contreras foi castigado alí (20 partidos sen poder xogar con Chile) pero non se lle pode aplicar ningunha medida en Vigo, por elo, a entidade que preside Carlos Mouriño non quere quedarse parada e prepara unha serie de medidas para que algo así non volva a acontecer, e se acontece que o xogador sufra o conseguinte castigo. O primeiro será modifica-lo código interno disciplinario, que vai pasar a ser bastante máis estricto xa que o actual se considera anticuado.

Este novo código de conducta, que se agarda poñen en marcha durante esta tempada, permitirá que o clube poida controlar non só as situacións que se enmarcan baixo o escudo do Celta, senón tamén cando os xogadores estén coas súas respectivas seleccións nacionais.

O feito de que o nome do clube vigués se ligue a este tipo de noticias dañará a súa imaxe e por eso se pretende castigar ó futbolista que cometa algunha falla. No caso concreto de Contreas, ningún duda de que o chileno sofriría a severidade dun código que promete ser moi duro coas indisciplinas.

Os dirixientes celestes esperan reunirse cos xogadores para explicarlles o que se lles vai pedir neste novo código de conducta e tamén qué responsabilidade deben te-los xogadores respecto ao clube. O da Copa América non se pode voltar a repetir. (Info: Diaro As)

No hay comentarios: