sábado, 7 de julio de 2007

GUSTAVO TEN UNHA OFERTA EN FIRME DO CÁDIZ

Nas páxinas de "Información Cádiz" o pasado mércores Gustavo López deixaba claro que non chegara a un acordo co Celta e que era libre de negociar con calquer equipo. O mesmo medio reproducía as verbas do seu pai e representante ó respecto nas que aseguraba que a opción do Cádiz era moi interesante para o xogador e que en un prazo aproximado de dez dias se coñecerá o seu futuro.

Segundo o diario Marca a oferta do Cádiz e de un ano de duración e o xogador xa a coñece. Outro clube interesado no xogador arxentino sería o Independiente de Avellaneda, aínda que esta posibilidade foise apagando nos últimos dias.

No hay comentarios: