domingo, 15 de julio de 2007

GEORGE LUCAS SEN VACACIÓNS


Pasouse todalas vacacións traballando nas instalacións da Madroa para estar case o mesmo nivel que os seus compañeiros o próximo mércores cando o equipo volte ó traballo. George Lucas, mancando dende fai dez meses cunha luxación no nocello esquerdo, afronta esta tempada cun reto no persoal e colectivo: "Despois de moito tempo sen adestrar", recoñe o futbolista, "hai que aproveita-lo tempo e o descanso dos compañeiros para poder esta-lo mércores case o mesmo nivel que o grupo"

O brasileiro tentará que o intenso traballo sirva para poder poñerse á disposición de Stoichkov dende a primeira xoranda: "Traballo todolos dias de mañán na Madroa e tres veces á semán tamén pola tarde. Ó principio, por precaución iré un pouco máis a modo pero a temporada empezareina perfectamente. A lesión está esquecida e o mellor para mín é que tamén teño a testa moi ben" expón.

Está seguro de que o ano que ven o Celta exercerá a opción que ten sobre él e o equipo estará en Primeira: "Para ascender hai que estar o cento por cento, será un ano no que teremos que pelexar moito todos, con mentalidade nunha categoría dificil. O Celta seguro que será dos tres que suban, por ganas non será para voltar á categoría que nunca debimos perder. Son moi optimista. Se se quedan case todolos compañeiros, temos un grupo moi importante e unha plantiña moi forte" Sentencia. (Info: Diario Marca)

No hay comentarios: