viernes, 20 de julio de 2007

YAGO YAO: "O CLUBE NON DEMOSTROU O INTERESE QUE TIÑA POR MIN"


Yago Alonso pasou por Vigo para despedirse dos seus amigos e resolver cuestións persoais e profesionais antes de emprender unha nova traxectoria no seu novo equipo, aínda por decidir.

O asturiano asegura que se vai «con moita pena deixar o Celta logo de moitos anos. Eu e a miña familia estabamos moi contentos aquí. Pero non sempre se consegue o que un quere», manifestou en Radio Voz.

Explicou así a ruptura do acordo co Celta: «Non chegamos a un acordo na duración do contrato. Non me parece que fose inviable o acordo porque eu non quería que houbese unha opción e dábame igual que fosen dous anos ou tres».

Vaise cun sabor amargo polo comportamento final do club: «Non se se o Celta vai dar marcha atrás, pero as formas non foron as ideais. Imaxino que o club defenderá a súa política. Eu creo que o interese que emitira o club por min a través dos medios de comunicación non o demostrou nas negociacións», aseverou Yago.

Non quixo despedirse sen mostrar palabras de agradecemento á xente de Vigo: «Estou moi agradecido á afección porque sentín o seu apoio en momentos difíciles que foron moitos», indicou.

Vaise coa sensación de que nestes sete anos no club vigués non puido achegar todo o que lle gustou dentro do terreo de xogo: «Vin moi novo a Vigo, con vinte anos e tiña por diante xente experimentada como Djorovic e Cáceres e cando parecía que me podía afianzar veu a lesión». Estivera un ano enteiro sen xogar por culpa da lesión que sufriu en Valladolid e obrigoulle a pasar polo quirófano fai tres anos.

De todos os xeitos ten a conciencia tranquila: «Marcho coa tranquilidade de facer todo o posible para axudar ao club». Desde logo foi un exemplo como profesional e persoa. (La Voz de Galicia)

No hay comentarios: