viernes, 20 de julio de 2007

O CÁDIZ PODERÍA ESTAR DETRÁS DA AUSENCIA DE YAGO



Segundo informacións chegadas da taciña de prata, Yago podería ter un acordo co Cádiz para vestir de amarelo a próxima tempada. O conxunto gaditano xa mostrou interese en fichar a varios xogadores celtistas como Gustavo López, Núñez Ou Pinto, e agora parece que Yago Yao podería defende-las súas cores a vindeira tempada.

Por certo que en torno ao Cádiz está a xurdir unha interesante polémica acerca da recente compra de accións por parte de Baldasano. Esta mañá nun comunicado emitido á prensa local afirmaba que deixaba o clube porque segundo él o anterior propietario estaba metendo os fuciños nos asuntos relacionados coas novas fichaxes. Horas despois saíu diante da prensa para desmentilo todo e dicir que todo fora froito dun malentendido. Parece que as augas non andan só revoltas por Balaídos....

No hay comentarios: