lunes, 16 de julio de 2007

SE BAIANO SE VENDE, NINO SERÁ O RECAMBIO


Parece complicado ata o momento que Fernando Baiano saía do Celta. As ofertas chegadas non convencen ó consello de Administración que esperaba obter pola venta do brasileiro moito máis rendemento. A meirande oferta chegada ata Praza de España sería do Mallorca, valorada en 3 millóns de euros, o Levante pola súa banda ofreceu 300.000 euros menos e inclusive a chegada de Arvelazde deixa aos granotes saciados en punta de ataque.

Sen embargo Baiano parece bastante interesado en marchar do Celta e seguir a súa traxectoria en un equipo de Primeira División. Iso sí, a súa saída só se producirá cunha oferta nunca inferiro aos 5 millóns de euros, aínda que en principio pretendiase chegar ata os 8 millóns. No caso de que Baiano saíse do Celta o sustituto con máis papeletas sería Nino, un veterano dianteiro que aportou moitos goles en Segunda División na súa etapa no Elxe.

No hay comentarios: