domingo, 8 de julio de 2007

ÁNGEL SIGUE EMPEÑADO EN MARCHAR

O axente de Ángel virá a Vigo nos próximos dias para negocia-la saída do xogador canario, segundo unha información do diario AS, na que se indica o interese de varios conxuntos españois entres os que estarían Sevilla, Villarreal e Atlético de Madrid, ademáis de algún francés.

Xa fai uns dias, o propio Ángel facía unhas declaracións nas que deixaba claro que o seu obxectivo era fichar por un equipo de Primeira, para ter posibilidades de acudir a próxima Eurocopa que se disputará en 2008.

O xogador firmou recentemente un contrato que o une ao clube vigués ata o ano 2012. Se agora, unilateralmente decide rachalo, o máis lóxico sería que aboase a cantidade firmada polo propio xogador na cláusula de rescisión. Que fácil resulta para os xogadores firmar contratos...

No hay comentarios: