viernes, 13 de julio de 2007

O DEPORTIVO QUERE A JONATHAN ASPAS


Jonathan Aspas, que o pasado 30 de xuño concluiu o seu contrato co Celta de Vigo, recoñeceu ter unha oferta do Deportivo, eterno rival do Celta: "A miña idea é seguir en Primeira e parece que existe algún interese por parte do deportivo, unha oferta que non me disgusta. No Celta creo que non se me valorou o suficiente e o meu ciclo en Vigo rematou" sinalou o futbolista de Moaña.

Neste senso, o polivalente xogador tamén desvelou que conta con "outra" oferta de un clube de Primeira División e con "varias" de clubes de Segunda, ainda que, como insistiu a súa idea é "continuar xogando en Primeira"

Aspas, que militou ás catro derradeiras campañas na primeira plantiña do Celta, con quén desputou a tempasada pasada un total de 21 encontros, oito dos cales foron como titulares, confía en contar con un novo destino a moito tardar en "tres ou catro dias" (Info: Marca)

No hay comentarios: