lunes, 9 de julio de 2007

9 MILLÓNS SEPARAN A OUBIÑA DO ZARAGOZA


Compricado, moi compricado parece que Celta e Zaragoza cheguen a un acordo por Oubiña. Os maños ofrecen 6 millóns de euros, mentras que o Celta solicita 15.
O Zaragoza continúa mantendo a súa política de fichar a xogadores a baixo prezo pero con calidade contrastada. Oubiña entraría dentro dos parámetros da dirección deportiva do Zaragoza, debido ao descenso do Celta a Segunda División.

No Celta saben que será dificil reter a Oubiña, xa que é un xogador de moito nivel e con gran proxección. Por iso o Celta decidiu poñer prezo ó xogador, que rondaría os 15 millóns de euros. As diferenzas por tanto entre ambos clubes son evidentes e teremos que agardar ás proximas datas para saber se as posturas se van encontrada ou se pola contra, e como e o desexo de todolos celtistas, o clube se mantén firme na súa petición de 15 millóns, unha cifra que será dificilmente alcanzable por outra banda.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que non se vaia Borja, e a imaxe do Celta, o que mais loita por el, se se vai Borja, irase a unica persoa que cando sae o terrreo de xogo vestido de celeste sinte o orgullo celtista!


FORSA CELTA