domingo, 8 de julio de 2007

O ARSENAL QUERE QUE VELA SIGA EN ESPAÑA PARA SER COMUNITARIO


O director deportivo celeste confirmou onte que o club vigués conta co dianteiro mexicano Carlos Vela para a próxima tempada. O Celta ten unha opción preferente en España e ao Arsenal interésalle que o xogador non se vaia a outro país.

«Queremos que xogue aquí e estamos convencidos de que o fará. O xogador necesita seguir en España para conseguir ser comunitario. Iso interésalle ao Arsenal que non pretende cambiar o seu lugar de residencia. O único club onde pode xogar aquí, é no Celta», comentou Martínez.

No hay comentarios: