jueves, 12 de julio de 2007

FALECE JOSEÍTO: EX-ADESTRADOR DO CELTA


José Iglesias Fernández, coñecido futbolisticamente como Joseíto, ex-adestrador do Celta de Vigo, faleceu esta tarde no seu domicilio de Granada aos 80 anos de idade. O ex-xogador faleceu no seu domicilio familiar mentras se atopaba rodeada da súa dona e dos seus tres fillos, netos e demáis familiares. Os restos mortais de Joseíto serán levados ao tanatorio de Granada, onde a partires das seis da tarde de hoxe serán velados.

Joseíto naceu en Zamora o 23 de decembro de 1926. O seu sono de xogar ao futbol de maneira profesional fixose realidad o dia que vestiu a camisola do Atlético Zamora, o equipo da súa cidade natal, co que xogou entre 1944 e 1947, ano no que foi traspasado ao salamanca. Logo xogou na tempada 1949-50 no Racing de Santander, clube que lle serviu de catapulta para chegar ao Real Madrid, co que alcanzou a gloria de internacionalidad en una ocasión en 1952 contra Alemaña. Co Real Madrid gañou 4 Ligas e 4 Copas de Europa.

En 1959 libre do seu compromiso co Real Madrid fichou por unha temporada co UD Levante e en 1960 voltou a Madrid para incorporarse ás filas do Raio Vallecano. En 1962 iniciou os cursillos de adestardor e logo de aprobalos comezaria a sua carreira que o levaría a adestrar a numerosos equipos como o Granada, Córdoba, Alavés ou Tenerife, e o Celta de Vigo. Un dos últimos clubes aos que adestraría sería o Deportivo ao que chegou en 1980 para salvalo do descenso a 2ª B, obxectivo que non acadaría. (Info: El pais)

No hay comentarios: