jueves, 12 de julio de 2007

TRIANA PODERÍA SER A CASA DO GRANADA 74 A VINDEIRA TEMPADA


O Triana Balompié querese converter no terceiro equipo en importancia da cidade de Sevilla. O equipo representativo do popular barrio de Triana (53.000 habitantes) pretende ter unha plaza en 2ª aproveitando as dificultades do Granada 74 pola falta de un estadio onde xogar.

O Granada 74 propiedade de Carlos Marsá comprou a praza do Cidade de Murcia en Segunda División coa intención de competir con sede en Granada. Os impedimentos para xogar no estadio municipal granadino "Los Cármenes" están a punto de levar a que o Granada 74 opte por trasladar o clube a outra cidade, barallándose varias capitais de provincia interesadas en facerse cun equipo na División de Prata.

As necesidades do Granada 74 son claras: Un estadio válido para unha competición de alto nivel como a Segunda División, certo apoio institucional, municipal ou empresarial e unha afección que os acolla cos brazos abertos.

Nunha conversa de directivos do Triana Balompié con varios empresarios sevillanos interesados nun proxecto para levar ao barrio de Triana a unha categoría nacional, surxiu un comentario sobre o Granada 74, que a súa vez trouxo a idea do incríble que sería que en Granada non lles permitan xogar no estadio municipal e en Sevilla dispuxeran dun estadio do máis alto nivel, infrautilizado.

Dende a web do conxunto sevillano din contar cos primeiros apoios tanto institucionais, en materia de patrocinios como do propio estadio Olímpico sevillano da Cartuja. Tamén se avanzarían as xestións para que se definitivamente o Granada 74 ten que irse de Granada se produza unha reunión entre o Granada 74, Sociedade Estadio Olímpico, Distrito de Triana, Clubes de fútbol de triana (existen tres: C.D Triana, Colspe e Triana Balmpié) e grupos empresariais na posible acollida do Granada 74.

O Triana Balompié fundouse en 2007 e inscribiuse na Federación Sevillana de fútbol para competir en Segunda Provincial. Dende a súa creación o clube sevillano conta con 120 socios. En todo o caso, o Triana non mercará ningunha acción do clube granadino contrariamente ao que se está a difundir por algúns medios de comunicación.

No hay comentarios: