domingo, 15 de julio de 2007

STOICHKOV CONTA CON RICHI, ROBERTO LAGO E JONATHAN VILA PARA A PRTEMPADA


Hristo Stoichkov ten claro o nome de tres canteiráns que van facer a pretemporada co primeiro equipo: Jonathan Vila, Roberto Lago e Richi. Para ningún deles será a primeira vez.

O primeiro é probable ata que quede para xogar en Segunda División. Así o explicaba o adestrador céltico: «Jonathan Vila xa é practicamente do primeiro equipo. Roberto Lago (foto) e Richi tamén van facer a pretemporada comigo. De momento son os tres que van estar. Logo sobre a marcha poden ir un ou dúas que adestren comigo toda a semana e logo volver ao filial», declarou Stoichkov.

O búlgaro apuntou cal é a súa idea sobre o filial: «Queremos que o Celta B sexa un equipo competitivo e non loitar por baixar cada ano. Ten que ser un trampolín para o primeiro equipo. Calquera xogador que necesitemos urxente debe estar aí, sen que teñamos que ir fichar parches».

O máximo goleador do segundo equipo, Goran Maric, declaraba días atrás que non quería seguir xogado en Segunda B e que no caso de que non contasen con el para o primeiro equipo prefería que lle buscasen unha cesión, como ocorreu o ano pasado cando se foi ao As Palmas. Stoichkov deixou clara a súa opinión: «Maric está con filial e adestrará con eles. é un dianteiro que en calquera momento podes contar con el», engadiu. Será complicado xa que logo que quede no club esta tempada, aínda que é un xogador con contrato en vigor. (Info: La Voz de Galicia)

No hay comentarios: