domingo, 15 de julio de 2007

O CELTA REXEITA 7 MILLÓNS POR OUBIÑA


Ó Celta non lle treme o pulso. De momento dixo que non a todas as ofertas, oficiais e de simple palabra, que chegaron por diferentes futbolistas. A pesar de que o club necesita desfacerse dalgún futbolista para poder cadrar o seu orzamento en Segunda, non está disposto a vender a prezo de saldo como poidan pensar outros despois do descenso celeste. As ofertas máis substanciosas chegaron por Borja Oubiña. O Celta rexeitou unha de sete millóns de euros por parte do Zaragoza e outra de seis millóns por parte do Vilarreal, dous dos clubs que máis diñeiro levan ingresado este verán polo traspaso dalgún dos seus futbolistas. O axente de Oubiña, Lito Míguez, apuntou que «foron simples conversacións, unha oferta non é formal ata que se envía por escrito, ou a min ou ao Celta e hai que respectalo». (Info: La Voz de Galicia)

No hay comentarios: