martes, 17 de julio de 2007

O BETIS QUERE A OUBIÑA E PROPÓN A DANI OU FERNANDO PARA ABARATA-LA OPERACIÓN


O futuro do mediocentro Borja Oubiña parece cambiar a cada semán como unha veleta movida polo vento. Así, se fai uns dias eran o Zaragoza e o Vilarreal os que incluso fixeron unha oferta por la perla da canteira celeste, agora parece que os ventos chegan do sur e é o Betis quén move ficha para incorporar ás súas filas a Oubiña. E para abaratar a operación, o equipo de Manuel Ruiz de Lopera estaría disposto a incluír dous descartes: Dani e Fernando. No Celta verían con bos ollos a chegada dalgún goleador máis, xa que a probable marcha de Fernando Baiano deixaría ó equipo con só dúas puntas; Javi Guerrero e Perera, a expensas do que suceda con Carlos Vela.

O mediocentro vigués é unha petición persoal do novo adestrador, Hector Cúper, para reforza-lo equipo. En principio o Celta tasou a Oubiña en 10 millóns de euros pero a inclusión de xogadores reduciría o seu prezo de mercado. Sen embargo o bético Fernando non parece estar disposto a ser moeda de cambio nesta negociación, xa que non aceptaría xogar en Segunda División e ten propostas de equipos da máxima categoría.

O bético Dani non é un descoñecido para os aficioanados celtiñas. De feito, o nome do dianteiro xa estivo vinculado co do Celta en varias ocasións nos últimos anos. A máis recente foi o pasado verán cando era un dos candidatos que manexaba o ex-director deportivo celeste, Félix Carnero para reforza-lo ataque do equipo de Fernando Vázquez. Agora a fichaxe do verdiblanco volta a ronda-lo despachos da Praza de España para abarata-la saída de Oubiña. O xogador xa dera o "sí" ó Cádiz para xogar esta tempada pero a súa inclusión na operación Oubiña podería troca-la súa situación. (As)

No hay comentarios: