viernes, 13 de julio de 2007

VELA, ENTRE CELTA E OSASUNA


Celta e Osasuna son os destinos máis posibles de Carlos Vela que pediu un pouco de paz en todo este tema, xa que está concentrado con realizar un bo mundial sub-20. "Eu ese tema teñoo pechado, estou concentrado no Mundial e cando remate xa verei o que vou facer" dixo o xogador.

Polo momento Eduardo Hernández, representante do xogador está en España atendendo o futuro do dianteiro, que con toda seguridade xogará en España, pero descoñecemo-la categoría.

O Arsenal pretende que continúe un ano máis en España para así acada-la nacionalidade española e con elo o pasaporte comunitario que lle permitiría ao mexicano xogar como comunitario na Premier. Pase o que pase, parece claro que o Celta é que ten os dereitos sobre o xogador para España.

No hay comentarios: