lunes, 16 de julio de 2007

INDEPENDIENTE INSISTE NA FICHAXE DE GUSTAVO LÓPEZ


O Independiente de Avellaneda arxentino acelerou nas últimas horas as xestións para fichar ó centrocampoista Gustavo López, actualmente desvinculado do Celta de Vigo.
O presidente do clube, Julio Comparada, dixo que o principal obxectivo de Independiente é o fichaxe do xogador arxentino surxido nas súas filas en 1991 e traspasado ao fútbol español fai máis dunha decada. "Se non acadamos traelo, retiraremonos do mercado de fichaxes" asegurou o dirixente.

Gustavo López que está de vacacións na provincia arxentina de Mendoza, manifestou a Comparada as súas dubidas sobor do seu futuro inmediato, debido a que non está convencido de voltar ao seu país inmediatamente, xa que tiña pensado permanecer un ano máis en España.

O equipo vermello de Avellaneda, que estrenará como adestrador esta tempada a Pedro Troglio, ven de incorporar ás súas filas ó dianteiro paraguaio Cristian Ledesma, procedente do Olimpia de Asunción. (Marca)

No hay comentarios: