jueves, 12 de julio de 2007
O LEVANTE FICHA A ARVELADZE E DA POR PECHADO O TEMA BAIANO
O fichaxe do dianteiro xeorxiana Arveladze por parte do Levante alonxa defintivamente a Baiano do Levante. O fichaxe case relámpago do veterano xogador de 34 anos debeuse as constantes negativas do Celta por negociar polo dianteiro brasileño Fernando Baiano que interesaba moito en terras levantinas.
O propio secretario tecnico do conxunto levantinista Manolo Salvador sinalou que "a dianteira está practicamente cuberta porque xa contamos con 4 atacantes"
O Presidente azulgrana insistiu no tema Baiano: "Por se ao final se produce un punto de encontro benvido será". Nese momento, o secretario técnico indicoulle que segundo unha información de última hora o Celta negábase a negociar a o que o dirixente respostou de forma taxante: "entón nada, porta pechada" (Info: diario Marca)
Ponse fin a unha das historias máis lamentables da temporada, onde o conxunto azulgrana deixou a ética dun lado para tentar, primeiro levarse a baiano de balde e despois ofrecer unha cifra irrisoria de 2,7 millóns. A directiva, pola súa banda cumpriu ao dicir que non malvendería a ningún xogador.. de momento...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario