O adestrador do Celta de Vigo, Hristo Stoichkov, destacou a importancia de empezar gañando no debut ligueiro ante o Córdoba porque «como empezas, así acabas», á vez que confía en que a afección «encha de ilusión» as bancadas do estadio vigués.
«é un partido moi importante para nós porque comezamos xogando en casa e é fundamental empezar cunha vitoria. Son tres puntos importantes para nós porque como empezas, así acabas» sinalou o técnico búlgaro.
Neste sentido, Stoichkov é consciente de que o apoio dos afeccionados celestes será clave para que o Celta poida lograr o obxectivo de retornar a Primeira División, por iso pediu á afección que encha Balaídos como no último partido da pasada tempada.
«Quixese que o campo estivese cheo, que haxa moita ilusión na bancada, xa que no terreo de xogo seguro que a haberá. Espero que as bancadas presenten un bo ambiente, como o do último partido da pasada Liga porque sería moi beneficioso para o equipo» sentenciou Stoichkov. (Axencia EFE)
jueves, 12 de julio de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario